domingo, 22 de diciembre de 2013

Ola!
Este venres pasado (o 20 de decembro) partipamos xunto con outras corais de Compostela no "II Nadal Solidario Compostela Canta", a prol do Albergue Xoan XXIII. Pasámolo moi ben, a pesar do frio que facía na Igrexa de San Francisco. Por certo, que esta tarde de domingo as 8 actúan mais corais! A entrada é libre e gratuita pero se aceptan doazóns para o albergue Xoán XXII.

Volvendo ó noso coro, os do Asubío (e os do coro de Enfermería, que cantan con nos) tivemos a nosa cea ó rematar o concerto no restaurante "El descorche", onde seguimos cantando.
E cantando comezaremos o Novo Ano: o día 3 de xaneiro de 2014 e en colaboración coa Asociación de Usuarios do Servicio de Oncoloxía, actuaremos nalgunhas plantas do CHUS de Santiago para acompañar os que neses días teñen que estar ingresados alí. Contamos con
ter acompañamento de xente nova!
A ver si con un pouco de sorte desta vez conseguimos que alguén nos grave e podemos poñer un enlace con algunha canción.
Bicos para todos e FELIZ NADAL!!

jueves, 28 de noviembre de 2013


Benvidos ao Blog do Coro Asubío.

Ola, somos o Coro Asubío, unha formación coral relativamente pequena (uns 15, pero con gañas de ser mais) que cantamos a 4 voces baixo a dirección de Rubén Pego. Ensaiamos no local do Viso, en Santiago de Compostela, os luns e os mércores de 8 y media a 10 (da noite!).
Cantamos de todo un pouco: cancións clásicas, cantigas galegas, cancións tradicionais de outros lugares (ainda que pode que a xente deses lugares non recoñeza a nosa pronuncianción....) e tamén pezas mais modernas. Góstanos darlle un toque rítmico e que cantar nos faga sentir mais amigos e mais novos. Podedes escoitarnos nas actividades que organiza a Comisión de Corais de Compostela, as veces nas rúas desta cidade e onde nos pidan que vaiamos (as veces cantamos en actos de graduación, no hospital clínico...). Este blog é novo e está aínda en proceso de creación. Tentaremos irlle engadindo imaxes e son dalgunhas das nosas actividades. E se queres contactar con nos, neste blog ou en "coroasubio@gmail.com".